Unións Agrarias esperaba moito máis das proposta que Xunta de Galicia trasladou hoxe a reunión da Mesa da Seca polo que empraza ao presidente a que lidere a procura de solucións estruturais ao problema de incremento custes que está a padecer o sector primario galego. So na última semana e derivada da crise comercial con Arxentina polo conflito con Repsol estalle a custar aos gandeiros un incremento na soia de 25€ por tonelada.
O sector produtor galego precisa que articule unha dunha vez por todas unha base normativa que garanta que a creación dos prezos se faga mediante unha cadea de valor xusta na que as subas e baixas nos custes se repartan de xeito equilibrado entre os distintos elos da mesma.
Neste sentido, o sindicato puxo de manifesto na reunión que a seca é simplemente un acelerante da hemorraxía financieira que veñen sufrindo as explotacións e que levou a que durante o ano 2011 os custos de explotación se víran fortemente incrementados pola suba dos insumos, así o penso para vacún subiu un 21,54%, os fertilizantes un 18,57% o gasóleo un 22,22%, etc.
Para unha explotación media de 200.000 Kg de cota entre a suba dos insumos e a compra de forraxe e alimentos para o gando polas perdas na produción de forraxe producidas pola seca supuxo ter que facer fronte aos sobrecustos dun 5 céntimos máis por Kg de leite producido. Para unha explotación de 30 vacas de carne o sobrecusto é de 2.600 €.
A organización agraria lémbralle ó Presidente que o danos nas explotacións xa está feito porque xa é unha realidade as perdas dun 40% sufridas na forraxe e a necesidade de comprar alimentación para o gando con encarecemento que iso supón nos custes de produción.
Contra esta realidade pouco soluciona o adianto das axudas da PAC se non é a custo cero para os gandeiros polo alto nivel de endebedamento que xa padecen. Finalmente hai que lembrar que a problemática da seca, súmase que Galicia perde, ano tras ano, superficie declarada na Política Agraria Común. Fronte a isto, a organización agraria pide medidas que incrementen a superficie das explotacións galegas coa vista posta na proposta de reforma en 2014 e que ao tempo posibilitarían baixar os custos de produción.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.