Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / O SLG pedirá a Feijóo que defenda ao sector leiteiro galego na elaboración da Lei da Cadea Alimentaria e do paquete lácteo europeo

           

O SLG pedirá a Feijóo que defenda ao sector leiteiro galego na elaboración da Lei da Cadea Alimentaria e do paquete lácteo europeo

23/04/2012

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, acompañada da responsable da Dirección do Leite do SLG, Lupe Prado, participaron na Mesa do Leite que se celebrou, 20 de abril, en Compostela. Ambas valoraron positivamente o acordo unánime dos axentes representados neste foro –organizacións agrarias, industrias e Xunta- de que só a vía política pode solucionar problemas como que non se dea fixado un prezo mínimo para o leite, ou que os gandeiros e as gandeiras non saiban a canto lles van pagar o produto do seu traballo, con independencia de que asinen ou non contratos. Neste senso, a Mesa do Leite acordou solicitar unha xuntanza do sector, ao máis alto nivel político na Galiza, co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Dende o Sindicato Labrego Galego, explicou Carme Freire, “pedirémoslle a Feijóo que defenda, dende Galiza, un posicionamento na Lei da Cadea Alimentaria, que está en fase de redacción por parte do Ministerio de Agricultura, para que obrigue ás distribuidoras a cumprir requisitos e normas de cara a que non sexamos gandeiras e gandeiros quen acabamos sufrindo sempre as baixadas de prezos, e para garantir que o valor de saída do leite en orixe cubra sempre os custes de produción e dunhas rendas dignas para a actividade gandeira. Se isto non se fai, seguiremos coma sempre, sufrindo as explotacións o estancamento ou a baixada dos prezos, e vendo consumidores e consumidoras como o valor final do leite nos puntos de venda segue subindo”. Dende o SLG, tamén se lle pedirá a Feijóo que a postura que defenda Galiza diante da nova normativa para o sector lácteo na Unión Europea vaia no mesmo sentido.

Para o Sindicato Labrego, esta posición de Galiza deberá ser defendida diante do Goberno do Estado no seu conxunto, para que os acordos aos que se chegue co Ministerio de Agricultura non sexan botados abaixo, por exemplo, pola Comisión Nacional de Competencia, que depende do Ministerio de Economía.

O SLG sempre defendeu que, para poder garantir uns prezos dignos para o leite, primeiro ten que haber un control da produción e dos mercados. Respecto destes segundos, a administración pública debe regular a cadea de valor e impoñer normas á distribución que garantan que as explotacións leiteiras van recibir un prezo xusto e remunerador polo produto do seu traballo. Só por esta vía, política e lexislativa, se poden solucionar os problemas do sector lácteo; de aí que todos os acordos que se levan feito entre explotacións e industria, até o de agora, rematasen, tarde ou cedo, por fracasar. Dende o SLG, agardamos que o acordo de hoxe sexa un primeiro paso para comezar a camiñar na dirección de solucionar o problema dos prezos que ven padecendo o sector lácteo dende hai décadas sen que, até o de agora, se emprendese ningunha medida seria para solucionalo.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo