O sindicato Unións Agrarias exise do Goberno que se introduza a figura do mediador para a execución de inmediata do conxunto normativo recollido no chamado Paquete Lácteo, que recentemente vén de ser aprobado polo Parlamento Europeo. Desde o sindicato, lémbranlle ao ministro de Agricultura, Arias Cañete, que ten unha moi boa oportunidade a través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos Xerais do Estado, que nestes días van a entrar na súa fase final de redacción, para que os gandeiros vexan dunha vez recollido a aspiración de poder negociar coas industrias de igual a igual o prezo da súa produción grazas ao respaldo e as garantías dunha arbitraxe en caso de desacordo na fixación de prezo.
O sector gandeiro galego está a atravesar unha das peores situacións que se recordan debido ao incremento dos custos de produción e á situación dos prezos do leite que continúa lonxe de recuperarse. En concreto, durante o 2011 os custos de explotación se viron fortemente incrementados pola suba dos insumos pois o penso para o vacún subiu un 21,54 por cento, os fertilizantes un 18,57 por cento e o gasóleo un 22 por cento. Así mesmo, para unha explotación media de 200.000 quilos de cota entre a suba dos insumos e a compra de forraxe e alimentos para o gando debido ás perdas na produción causadas pola seca, os gandeiros teñen que facer fronte a uns sobrecostes de dous céntimos por quilo de leite, o que supón uns 10.000 euros ao ano.
Para o secretario xeral de UUAA, Roberto García, “os gandeiros ven como os seus custos de produción por litro de leite aumentaron máis de catro céntimos, a industria anuncie unilateralmente baixadas de entre un céntimo e medio a todos os produtores galegos para o que parecen contar coa complicidade do Goberno central e da Xunta.”
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.