Unións Agrarias trasladou na reunión da Interprofesión Láctea, (INLAC), celebrada onte en Madrid a exixencia de avances decididos na aplicación das medidas contidas no Paquete Lácteo para a estabilización e relanzamento do sector, xa que despois da aprobación da normativa no Parlamento Europeo non existen impedimentos para que as súas disposicións teñan unha aplicación inmediata.
Para Roberto García, secretario Xeral de Unións Agrarias “é prioritario a posta en marcha dos contratos homologados xa que son o único instrumento capaz de equilibrar a cadea de valor do leite e os seus derivados para que os produtores deixen de ser o elos máis febles”. O sindicato xa ten pedido a activación desta ferramenta desde a toma de poder do novo Goberno, co obxectivo de que es puidera aplicar na vindeira campaña láctea que comeza o 1 de abril.
No mesmo sentido, na reunión solicitouse por parte de UUAA que se introducira na Lei de Acompañamento dos Orzamentos Xerais do Estado, a figura dunha arbitraxe entre industria e gandeiros no caso de haber acordo na fixación de prezos do leite, xa que de non existir o produtor, que necesariamente ten que darlle saída ao leite, está en posición de inferioridade na negociación.
O sindicato reclamou que se poñan en marcha as medidas precisas para poñer coto ao endémico diferencial no prezo do leite galego con resto ao do resto Estado e de Francia. Tamén por parte da organización agraria se manifestou a necesidade de dotar de garantías que avalen ás entregas de leite dos gandeiros a industrias e primeiros compradores ante as incertezas na fiabilidade do pagamento que se están a producir por mor da situación financieira de moitas delas.
Finalmente, Roberto García, trasladoulle o novo ministro de Agricultura que defenda no seno da Unión Europea dunha PAC xusta para os produtores galegos. O sindicato convida a Miguel Arias Cañete a que corrixa, tal como se comprometeu durante a campaña electoral, o agravio comparativo que se está producindo dunhas comunidades perceptoras de axudas sobre outras e duns sectores produtivos respecto de outros.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.