A organización profesional agraria Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia congratúlase de que, logo das xestións realizadas polos responsables desta organización diante da Xunta, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) decidise renovar o seu convenio coas entidades financeiras, gracias ao cal os viticultores que asinan contratos homologados de compra-venda de uva poden percibir os pagos correspondentes á venda que realizaron. Dende Xóvenes Agricultores entendemos que este convenio entre o IGAPE e as entidades financeiras é un bo instrumento para favorecer as relacións interprofesionais e evitar calquera tipo de prexuízo económico ao sector vitivinícola.
Hai que lembrar que as transaccións se han facer antes do 31 de decembro, xa que esta é a data límite establecida para que os adegueiros liquiden un mínimo do 33% da cantidade total que teñen que aboar en cumprimento do pactado nos contratos. Nese senso, as bases reguladoras das axudas do IGAPE para a habilitación dunha liña de financiamento específica para os produtores de uva contemplan todas as operacións de compra-venda de uva que se produciron nos meses de setembro ou outubro, amparando deste xeito todas as operacións da campaña/colleita do ano 2011.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.