• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Política agraria / Política agraria España / As cooperativas agrarias poderían xerar novos postos de traballo atendendo aos maiores

           

As cooperativas agrarias poderían xerar novos postos de traballo atendendo aos maiores

07/11/2011

A propia estrutura do rural galego caracterizada por un alto envellecemento, un retorno de emigrantes en idades avanzadas, un territorio disperso e o feito de que cada vez máis mulleres opten por traballar fóra da casa fai aflorar a necesidade de atender axeitadamente a certos colectivos que ata agora eran coidados dun xeito non remunerado.

Esta realidade tradúcese en novas oportunidades de negocio onde as cooperativas agrarias poden destacar como un elemento empresarial interesante, non en van, aséntanse no rural e coñecen de primeira man as necesidades da poboación coa que conviven. Ademais crean emprego de calidade. Segundo o Informe sobre o Estado e a Xestión do Cooperativismo Agrario en Galicia, elaborado cada ano por AGACA, o 83% dos contratos son indefinidos e o 62% das cooperativas ocupa algún dos tres primeiros postos na clasificación de empresas con maior facturación da zona.

Algún dos datos facilitados por Ruth Rodríguez Ferreiros, responsable do Departamento de Estudos de AGACA, durante a Xornada de Difusión de resultados desenvolvida esta mañá en Santiago de Compostela, foron:

• Os indicadores demográficos sitúan unha maior demanda de servizos sociais na parte oriental de Galicia.
• As porcentaxes de paro máis elevadas están na Mariña Occidental, Valdeorras, Allariz-Maceda e A Limia.
• As comarcas con maior número de cooperativas son O Deza, Terra Chá e Ordes.

O próximo paso é presentar o estudo ás cooperativas e promover a consideración do desenvolvemento deste novo servizo, xa sexa a través da incorporación dunha nova sección, ampliando os servizos xa ofertados, mediante colaboración con outras cooperativas ou creando, incluso, unha nova cooperativa.

Marc Riera, técnico da Federación de Cooperativas Agrarias de Cataluña (FCAC), encargouse de presentar os resultados obtidos nesta comunidade autónoma.

Argimiro Levoso, Xerente da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, puxo de manifesto as experiencias sociais que esta cooperativa está a levar a cabo na actualidade como a colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), ofrecendo apoio aos familiares dos enfermos vinculados á cooperativas.

A clausura da Xornada correu a cargo de XoÁn Miguel Concheiro, subdirector xeral de Cooperativas e Economía Social da Consellería de Traballo.

O obxectivo do proxecto Social COOP é vincular a atención das persoas, xerando emprego feminino a través do cooperativismo agrario.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre POLÍTICA AGRARIA ESPAÑA

  • El MAPA abre la consulta pública de las ayudas por los grandes incendios 26/09/2025
  • El FEGA amplía los servicios en la nube de SIGPAC 26/09/2025
  • Unión de Uniones exige a Planas el cumplimiento de la ley de la cadena alimentaria 26/09/2025
  • Andalucía destina más de 22 M€ en nuevas ayudas para explotaciones afectadas por enfermedades 26/09/2025
  • El MAPA concederá de oficio ayudas directas de hasta 10.000 € por los incendios 25/09/2025
  • Agricultura y ganadería familiar, claves para la Agenda 2030 y el Pacto Verde 25/09/2025
  • Ecorregímenes 2023: alcanzan 18,2 Mha y el 23% del presupuesto de ayudas directas 22/09/2025
  • Extremadura aprueba 2M€ en ayudas urgentes para explotaciones agrarias por los incendios 22/09/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo