Baixo o lema Polo dereito a producir. Especulación non, máis de 1.000 viticultores chegados de distintos puntos da provincia pontevedresa – Cambados, Arousa, O Rosal, O Condado, etc…) están a protagonizar unha masiva protesta contra a actitude de costas ao viticultor que vén desenvolvendo o Consello Regulador Rías Baixas.
UUAA convocou esta protesta despois de que este órgano se negase a autorizar o incremento ata o máximo permitido pola normativa vixente, isto é o 25%, nas cotas de cada viticultor desta DO.
Con esta decisión, o Consello Regulador está a actuar de costas a unha realidade na que a excelente calidade da uva producida xunto coa cantidade son dúas máximas que definen e cualifican a vendima deste ano.
O secretario xeral de UUAA, Roberto García, sinalou antes de que se iniciase a protesta que con esta actitude estase a dar cabida á especulación e á aparición de uvas en B que desestruturan e desestabilizan o sector.
A manifestación, na que participan uns 30 tractores en apoio da protesta, partiu da Praza da Pedreira, onde se ubica a sede do Consello Regulador Rías Baixas, e está a discorrer polas rúas Gregorio Fernández, Pasantería, o Paseo de Antonio Odriozola Pietas, a Praza da Ferrería, rúas Benito Corbal, Daniel de la Sota, Peregrina, San Pedro Alcántara, Alfonso X El Sabio e rúa Luis Braille. O punto fina será diante das dependencias da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.