A organización profesional agraria Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia quere amosar a súa preocupación pola proliferación do uso de fangos procedentes de depuración de augas para fins agrícolas, nomeadamente como abono de terreos. Xóvenes Agricultores entende que unha utilización indiscriminada deste tipo de abonos pode producir efectos indesexados sobre o propio solo e mesmo sobre a saúde das persoas. A organización agraria quere, ademais, alentar á Administración autonómica a sacar adiante canto antes a normativa que está a elaborar para regular e controlar estes usos agrícolas dos lodos xerados pola depuración das augas residuais.
Xóvenes cre que non é lóxico que sexa o campo o destino final deste tipo de desechos, sobre todo porque consta fehacientemente, na literatura científica, o contido neles de metais pesados, tales como cadmio, cobre, níquel, chumbo ou zinc. A xuízo dos responsables da organización agraria urxe un control axeitado dos solos tratados con estes fangos, porque a súa permanencia no tempo pode acumular no terreo este tipo de metais.
Ademais dos efectos nocivos para as comunidades rurais, como malos cheiros persistentes, a Xóvenes Agricultores preocúpalle a posible presenza nestes lodos de microorganismos patóxenos: bacterias, parásitos intestinais ou virus. Os agricultores e gandeiros non ten laboratorios nas súas explotacións para poder analizar os fangos e, polo tanto, poden estar incorporando, sen sabelo, materiais nocivos aos solos e cultivos.
Coa súa demanda de que a Administración controle e analice exhaustivamente a utilización e efectos de uso de estes fangos, Xóvenes Agricultores quere garantir que os efectos contaminantes sobre o solo estean controlados.
Xóvenes defende que estes materiais nocivos para a saúde ambiental, e mesmo para a sáude das persoas, non volvan á cadea de xestión da auga ou da alimentación, xa que os potenciais efectos nocivos dos metais pesados e dos contaminantes orgánicos persistentes se extenden á vexetación, aos animais e ao mesmo home.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.