Un mes despois de iniciada a campaña láctea 2011/2012, aínda o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino (MARM) non moveu ficha para formalizar cos gandeiros as cesións temporais de uso gratuito de cota láctea. Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia considera que é urxente proceder a este reparto e esíxelle á ministra Rosa Aguilar que axilice os trámites para que os produtores poidan incrementar a contía da súa cota leiteira dispoñible.
“É necesario que estas cesións temporais previstas de cota estean xa operativas”, explicou o secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, “para evitar algúns problemas que estamos a detectar”. Bello aludiu aos atrancos que algúns gandeiros están a ter por exceder a súa cota de producción. Coa posta en marcha destas cesións incrementaríase a contía da cota particular e, por conseguinte, diminuiría o risco de tasa suplementaria e, sobre todo, cara á implantación dos contratos obligatorios disporíase de maior cantidade de cota dispoñible.
Os gandeiros galegos contan cunha asignación global de cota de 2,1 millóns de toneladas do total de 6,3 millóns de toneladas asignadas a España, o que supón máis do trinta por cento. Xóvenes Agricultores estima que a producción real pode exceder esta cifra nun entorno de 100.000 toneladas e que máis da metade dos 12.000 gandeiros galegos de leite rebasan a súa cota.
Nestes momentos, a reserva nacional conta, aproximadamente, con 360.000 toneladas de cota, unha cifra que repartida entre os gandeiros –mesmo descontando incluso as 100.000 toneladas dirixidas a cesións a xóvenes e plans de mellora- pode contribuír a diminuír a presión sobre os gandeiros e favorecer a contratación coas industrias.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.