O sindicato Unións Agrarias agarda que o Goberno central cumpra o compromiso adquirido diante dos gandeiros e aprobe hoy venres, 1 de abril, o decreto do sector lácteo, un texto normativo que regulará as relacións entre a industria, a distribución e os produtores e lle outorgará a estes un maior protagonismo nas relacións comerciais. Para a organización sindical, a aprobación definitiva deste regulamento supón un gran avance para a modernización do sector ao tempo que se converte no garante da normalización do mesmo.
A organización agraria agarda que o novo texto recolla unha das súas principais alegacións consistente na creación dunha figura de mediador que actúe como árbitro en caso de non entendemento entre a industria e os produtores. Para UUAA é fundamental esta figura xa que emitirá un ditame que fixará os prezos do leite tendo en conta criterios e parámetros obxectivos co que se lle garante ao gandeiro que estean cubertos os custos de produción, o que dotará de maior estabilidade financeira e económica ás explotacións.
Ademais, UUAA aposta porque o novo decreto contribúa a reducir o diferencial de prezos do leite entre España e os Estados membros da UE tal e como reflicten as últimas estatísticas de prezos. Así, mentres que no ano 2010 e xaneiro de 2011, o leite español se lle pagou aos gandeiros a 29,50 euros de media por cada cen litros, en Alemaña fíxose a 31,14 euros, é dicir, 1,64 euros máis que en España; en Francia a 31,13 euros (1,63 euros máis que en España) e en Holanda a 31,78 euros (2,28 euros máis). Este diferencial é maior aínda no caso de Galicia, onde se pagou o leite unha media de 0,48 euros menos que en España.
Desde Unións Agrarias reitérese unha vez a necesidade de que o texto normativo español peche un acordo sobre a referenciación dos prezos do leite, ao tempo que se solicita que se estableza un período transitorio á entrada en vigor da norma no que se solucionen posibles diferenzas que poidan xurdir inicialmente. Finalmente, desde a organización sindical demándase o máximo compromiso político e administrativo por parte das Administracións autonómica e estatal para solventar unha das carencias da nova norma como é o feito de que carece de réxime sancionador.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.