En relación coas declaracións públicas feitas polos directores xerais de Avaliación e Reforma Administrativa da Consellería de Presidencia, Jaime Bouzada Romero, e de Promoción do Emprego da de Traballo e Benestar, Andrés Hermida Trastoy, tras declarar esta mañá no Xulgado Nº1 de Santiago de Compostela, o sindicato Unións Agrarias quere deixar claro:
– o máis absoluto respecto pola Administración de Xustiza e polo cumprimento estrito do disposto nas normas procesais (art. 301 da Lei de enxuizamento criminal) que establecen que as dilixencias penais son secretas ata a apertura de xuízo oral.
– o que se está a enxuizar nesta causa é a comisión de presunto delito de prevaricación administrativa por desvío de poder por parte dos dous imputados ou dos xefes destes, tal e como demostran as citacións que se acompañan; situación procesal na que ambos os dous continúan despois da declaración, e condición que lle permitiu ao director xeral de Avaliación e Reforma Administrativa de Presidencia non responder ás preguntas do letrado da acusación particular de UUAA.
– Unións Agrarias formulou denuncia cinco días despois de que o 7 de xuño de 2010 -de forma repentina e simultánea- funcionarios e traballadores laborais da Dirección Xeral de Promoción e Emprego irromperan nas sedes da organización sindical baixo o amparo dunha suposta inspección.
Esas inspeccións realizadas por persoal non competente e sen comunicación algunha previa, respondían exclusivamente ás declaracións públicas do Partido Popular de Galicia nas que atribuía un desvío de fondos con fins electorais a través de UUAA. O emprego da Administración pública con fins partidistas é o obxecto, por tanto, da dilixencias que instrúe o Xulgado Nº 1 de Santiago de Compostela, no curso das cales, consta xa acreditado:
– A) que este tipo de actuación non ten precedente por parte da Consellería de Traballo
– B) que é a primeira vez que tamén a Dirección Xeral de Avaliación Administrativa intervén nunha comprobación de subvencións, posto que a súa especialización é unicamente o control interno da Administración autonómica.
– C) que a actuación en contra de UUAA foi decidida pola conselleira de Traballo e o conselleiro de Presidencia.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.