Unha auténtica burla. Só así se pode cualificar a actitude da Consellería de Medio Rural na política que está a desenvolver na concesión das axudas do programa de contratos de explotacións sostibles (CES) a gandeiros fundamentalmente de carne e de zonas desfavorecidas. En total serán en torno a 1.000 as explotacións galegas que tras cumprir con todos os requisitos necesarios non se beneficiarán destas axudas.
Así, despois de que gandeiros que solicitaron estas subvencións e que se viron obrigados a levar a cabo unha serie de investimentos para cumprir cos estritos compromisos esixidos nesta convocatoria vense agora sen a axuda prometida e coa súa economía máis debilitada. Entre os desembolsos que realizaron están a contratación de técnicos especializados para a tramitación de todo o papeleo, rexistros e controis necesarios. A situación faise aínda máis lamentable despois de que técnicos da propia Consellería de Medio Rural inspeccionasen e certificasen o cumprimento das esixencias da convocatoria, polo que desde o sindicato non se entenden as razóns de denegación destas axudas.
UUAA destaca que unha axuda pensada para revitalizar zonas con dificultades específicas se converte agora nun atranco importante fundamentalmente para moitas explotacións de carne.
A organización sindical considera que ao tratarse de fondos cofinanciados desde o MARM e a UE, con que a Xunta de Galicia investise pouco máis de 500.000 euros, os gandeiros galegos poderían cobrar 3,5 millóns de euros.
Trátase da segunda vez que a Consellería de Medio Rural se burla dos produtores galegos despois de que en 2010 rectificase axudas aprobadas polo Goberno anterior para a campaña 2009 realizando un recorte dos fondos do 30%.
A isto hai que engadir a convocatoria do CES deste ano 2011, publicada recentemente no Diario Oficial de Galicia, na que se constataba a conxelación dos fondos para este exercicio, ocasionando un grave prexuízo para a incorporación de mozos á actividade agrogandeira e incluso o mantemento de moitas explotacións que dependían destas axudas.
Ademais, a conxelación dos fondos do CES xera problemas conxunturais para os gandeiros galegos xa que vén mermadas as súas posibilidades de acceder a outro tipo de axudas como poden ser outros fondos dos programas de desenvolvemento rural (PDR), ao puntuar positivamente o feito de que unha explotación conta cun CES.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.