As cisternas de recollida de leite dalgunhas das industrias que menos están a pagar aos gandeiros apareceron hoxe empapeladas cos carteis que as organizacións profesionais agrarias reparten estes días entre os consumidores para denunciar as políticas de prezos baixos de Leite Celta, Leite Río e Lactalis. Esta actuación dos gandeiros en distintas comarcas é a demostración evidente de que os produtores lácteos manteñen a súa tensión movilizadora e que están dispostos a proseguir nesta liña ata acadar unha suba nos prezos. Para mañá, xoves, por exemplo, está prevista unha concentración informativa nun Carrefour de Vigo (Rúa Travesía de Vigo, 202) ás 12.00 h., na que se identificarán as marcas de leite e derivados elaborados polas industrias que están a arruinar ao sector.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.