A organización profesional agraria Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia lamenta moi fondamente o falecemento de Antonio Becerra Pulleiro, un dos socios fundadores da nosa organización e membro da nosa Xunta Directiva. Antonio Becerra, de 52 anos de idade, faleceu onte en Tordoia. Antonio Becerra Pulleiro, persoa moi apreciada no seu entorno, tiña a súa explotación no lugar de Vilarterreo, na parroquia de Santalla de Gorgullos.
Dende Xóvenes Agricultores querémoslle transmitir a súa viúva e aos seus dous fillos a nosas condolencias e a nosa testemuña de agradecemento polo labor exercido por Antonio Becerra ao longo de todos estes anos. Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia considera unha gran perda o falecemento deste gandeiro comprometido co ideario da nosa organización profesional agraria.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.