O secretario xeral de Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia, Francisco Bello, cualificou hoxe de “reflexión moi interesante” a xornada de estudo sobre o sector leiteiro desenvolvida en Bruselas. Bello asistiu como invitado ao encontro “Qué futuro para o leite”, á que asistiron máis de 400 expertos. Bello destacou que nas sesións de traballo se falara das posibles “exencións” para o sector lácteo en materia de competencia, algo “no que nós estamos a xa a traballar”.
Na conferencia, inaugurada polo comisario de Agricultura, Dacian Ciolos, tamén se apostou por reforzar o papel negociador dos gandeiros e por extender o sistema de contratos de compra-venda de leite.
Segundo explicou Francisco Bello ao remate da sesión, “a crise de prezos do ano 2009 ten sido un aldabonazo para buscar alternativas viables para a supervivencia das explotacións”. Bello dixo que as reflexións son un bo punto de partida. Neste encontro, o director xeral da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da UE, Jean-Luc Demarty, informou sobre os traballos dos expertos do Grupo de Alto Nivel, cuxas conclusións sobre o sector leiteiro daranse a coñecer o próximo mes de xuño.
Demarty informou, tamén, sobre a evolución, lenta pero constante, á alza dos prezos do leite pagados aos gandeiros.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.