A actual situación de crise pola que atravesa o sector lácteo galego ten a súa máxima expresión nas cifras económicas da presente campaña. Segundo as conclusións da análise realizada pola organización profesional agraria Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia, en base a datos oficiais, as perdas de ingresos dos gandeiros galegos van a ascender a 173,9 millóns de euros. As estatísticas das últimas campañas no sector leiteiro non deixan lugar a dúbidas: reducción dos ingresos, baixada das entregas ás industrias e prolongada caída dos prezos medios (información no cadro adxunto), ao que lle hai que engadir o forte e prolongado incremento dos custos de producción.
Na campaña de 2008/09, a facturación das 13.591 explotacións gandeiras de leite en Galicia ascendeu á 760 millóns de euros, unha cifra que baixou ás 586,1 millóns na campaña que vai finalizar o vindeiro 31 de marzo. Trátase dunha perda real de 173,9 millóns de euros, que se lle suma á perda xa rexistrada de 124,9 millóns sobre a anterior campaña 2008/09.
Da forte crise das granxas galegas da conta, ademais, a caída acusada dos prezos medios. Se na campaña 2007/08 os gandeiros percibían 39,36 céntimos de euro por kilo, na campaña 2008/09 o prezo medio foi de 34,19 céntimos, mentres que na actual queda nos 27,03 céntimos. Esto significa que diariamente os gandeiros galegos deixarán de ingresar 476.536 euros ou que, como media, cada gandeiro pode deixar de ingresar nesta campaña 13.532 euros.
2.248.477.659 kilos de leite; na campaña seguinte a cifra pasou aos 2.223.012.579 kilos; e na actual, segundo as estimacións de XX.AA., a producción quedará nos 2.168.376.220 kilos. As entregas diarias tamén se resentiron e pasaron dos 6.090.445 kilos da campaña pasada, aos 5.940.756 na presente.
Diante destes datos demoledores, Xóvenes Agricultores considera que é o momento de tomar decisións nas mesas negociadoras abertas coa Administración central, logo da histórica movilización das organizacións agrarias do pasado mes de novembro. O sector lácteo galego quere medidas efectivas que garanticen a súa viabilidade económica e financeira e a supervivencia das explotacións, xa que a presente situación non debe deteriorarse aínda máis.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.