A organización profesional agraria Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia considera “inaceptables” as modificacións unilaterais impostas aos gandeiros por Puleva nos pagos do leite recollido pola devandita empresa. O secretario xeral técnico de Xóvenes, Juan Pérez Sánchez-Orozco, lamentou que Puleva decidise engadir novos retrasos no pago do leite, que os gandeiros reciben cunha media de trinta días despois das entregas. “Este é un comportamento inaceptable”, dixo Juan Pérez.
Puleva comunicoulles aos seus produtores que introducirá demoras a maiores nos abonos do leite, de quince días. A empresa, tamén, informou aos gandeiros de que se queren seguir cobrando integramente nos prazos habituais poden recurrir a unha liña de crédito aberta pola empresa, co conseguinte custo financiero para os produtores.
“Non nos parece un comportamento razoable e moito menos nestes momentos de crise no sector”, apuntou o secretario xeral técnico de Xóvenes Agricultores. Juan Pérez lamentou, ademais, que esta decisión unilateral da industria coincida coas informacións de posible venda de Puleva a un grupo francés. “Aínda que respetamos as políticas empresarias e a súa liberdade, non podemos deixar de sinalar que o sector lácteo nacional segue a perder peso e que marcas de relevo van a ir a propietarios foráneos, sen que ninguén faga nada para evitalo”, apuntou o secretario xeral de XX.AA.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.