As organizacións profesionais agrarias Xóvenes Agricultores (XX. AA.) e Unións Agrarias (UU. AA.) así como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) fan un chamamento ás industrias, aos transportistas de leite e aos primeiros compradores que operan en Galicia para que respeiten o paro total agrario que se vai producir o vindeiro venres día 20 de novembro, no que está previsto que non haxa recollida de leite nas explotacións gandeiras. Na xornada de protesta pola actual crise que está a vivir a gandeiría e a agricultura, tanto en Galicia como a nivel nacional, os gandeiros teñen previsto non efectuar entregas ás industrias e manter só os servizos mínimos esenciais nas súas granxas.
A xornada de paro, convocada por todas as organizacións agrarias e as cooperativas como paso previo á gran concentración e manifestación de gandeiros e agricultores en Madrid o sábado día 21 de novembro, extenderase tamén a todo tipo de actividade no sector rural: dende os traballos das empresas de servizos ata á asistencia de calquer tipo de feira ou mercado; dende a actividade das cooperativas ata o sacrificio de animais en matadoiros ou mesmo os labores das comerciais veterinarias.
Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e AGACA agradecen, ademais, as múltiples adhesións e mostras de solidariedade recibidas xa nestes días previos cos obxectivos do paro e a manifestación: atopar saída á actual situación de crise e perda de rendabilidade, pola caída dos prezos, nas explotacións. Con este día de paro, as organizacións profesionais agrarias convocantes no pretenden que haxa un desabastecimento nos mercados para os consumidores –algo que sería impensable so cunha xornada de protesta-, senón que a sociedade civil en conxunto perciba a situación de ruína na que está a vivir o agro e se sensibilice cos problemas dos produtores de alimentos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.