A organización profesional agraria Xóvenes Agricultores considera decepcionante a postura adoptada onte pola ministra de Medio Rural, Elena Espinosa, na reunión do Consello Europeo de Ministros de Agricultura na que se analizou a actual situación de crise do sector lácteo. Xóvenes Agricultores considera que, unha vez máis, a ministra responsable do sector agrario estatal amosou unha falla total de interese polos produtores leiteiros e pola difícil conxuntura que están a vivir pola caída de prezos dos últimos meses, perdendo unha oportunidade para liderar as razonables demandas do sector diante Bruselas. A postura da ministra Espinosa, contraria a asinar o documento elaborado polos principias países comunitarios, non deixa de ser unha proba máis do illamento do Goberno do Estado nas grandes decisións comunitarias, co que queda, de novo, fóra de xogo no terreo onde se toman as decisións.
Xóvenes Agricultores cree que a negativa da ministra Espinosa a alinearse coas reivindicacións deses grandes países resposta, máis que a unha valoración crítica dalgunhas das súas propostas á súa intención de non poñer sobre a mesa recursos estatais para os gandeiros. Espinosa, segundo a valoración que fai Xóvenes Agricultores sobre o coñecido do encontro europeo, utiliza á UE como excusa para non implementar axudas directas aos produtores. Cómpre lembrar que ninguén sabe onde está o plan estratéxico para o sector leiteiro.
Xóvenes Agricultores lamenta, ademais, que a propia UE aínda non teña acordado definitivamente as medidas efectivas para saír da actual situación de crise, moito máis cando xa son apreciables certos datos positivos que fan pensar que o sector lácteo xa tocou fondo e que xa os prezos comezan a repuntar. Ademais, Xóvenes Agricultores considera que ata agora só os esforzos e as reivindicacións dos gandeiros e das organizacións agrarias, a través das súas medidas de presión e negociacións, un proceso que culminou na Semana en Branco, conseguiron pasos adiante para superar a actual situación. XX. AA. insiste, xa que logo, en que o necesario nestes momentos é que o Acordo de Madrid se cumpra por todas as partes asinantes.
Por outra banda, a organización profesional agraria Xóvenes Agricultores lembra aos produtores galegos que o prazo para solicitar as axudas da Xunta por litro de leite finaliza o próximo día 11 de setembro. As tramitacións se poden realizar nas oficiñas de Extensión Agraria.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.