O secretario xeral técnico de Xóvenes Agricultores, Juan Orozco, vai asistir mañá, día 3 de xuño pola tarde, en Madrid, á reunión que manterán as organizacións agrarias coas asociacións de distribución. O motivo deste encontro é analizar a actual situación problemática do sector leiteiro en materia de prezos percibidos polos gandeiros e as posturas do sector da distribución, que están a causar un grave dano tanto aos produtores como ás industrias.
Á xuntanza van asistir representantes da Asociación Nacional de Grandes Empresas de Distribución (ANGED) e integrantes das Asociación Española de Cadenas de Supermercados (ACES), así como os membros da Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil).
A semana pasada, na reunión da Interprofesional Láctea, acordouse esixir do sector da distribución, entre outras, as seguintes medidas:
– Eliminación do leite como produto reclamo no mercado, nomeadamente nas grandes áreas comerciais
– Non fixar diferentes marxes ao mesmo produto, xa que nestes momentos se aplican maiores marxes comerciais aos produtos de marca tradicional que aos de marca branca ou distribución, co conseguinte encarecemento dos primeiros.
– Eliminación das importacións masivas de queixos por debaixo do seu prezo de custo, o que orixina unha grande distorsión nos mercados de produtos lácteos.
Por outra banda, ASAJA-Xóvenes Agricultores defende que os partidos políticos sexan capaces de acadar un acordo sobre a posta en marcha dunha lei de marxes comerciais, dado que o principal problema do sector primario é de prezos, unha cuestión que non ten sido abordada de xeito efectivo polo de agora.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.