Xóvenes Agricultores quere condenar as accións ailladas contra transportistas de leite acontecidas hoxe en varios puntos de Galicia, actos en calquera caso imputables a personas descoñecidas. Non obstante, Xóvenes Agricultores quere engadir, por outra banda, que este tipo de incidentes reprobables son comprensibles debido á situación que padecen os gandeiros. Trátase dunha reacción, sen dúbida visceral, diante dun novo anuncio de baixada de prezos para os meses de marzo e abril, de ata 0,11 céntimos de euro (18 pesetas) en litro.
Agardamos, polo demáis, que para a reunión do vindeiro luns en Madrid, as industrias estean dispostas ao diálogo e á negociación, posto que en caso contrario as organizacións agrarias faremos uso das medidas de presión que legalmente estén ao noso alcance.
Santiago, 10 de abril de 2008
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.