Do total de 6.717 productores “multados” en España con 1.879.746 € por sobrepasar a súa cota láctea no mes de febreiro, 4.571 son galegos ( o 68%), segundo os datos oficiais. No mes de marzo o número de excedidos alcanzará cifras similares ás da campaña pasada ( 8.883 excedidos en Galicia). Por tal motivo, Xóvenes Agricultores quere denunciar pois que á baixada do leite de febreiro e marzo (entre 6 e 8 céntimos menos), haberalle que engadir a retención oficial en concepto de supertaxa (case 3 céntimos por litro). Dese xeito, máis da metade das explotacións lácteas de Galicia percibirán ata 11 céntimos menos no mes de marzal.
Esto suporá que o sector productor en Galicia ingresará nese mes más de 21.000.000 € menos do que lle correspondería. Estes cartos quedarán, unha parte nas mans das industrias (80%), e a outra parte en poder do Ministerio (20 %)
Para unha explotación tipo en Galicia, con 200.000 quilos de cota, a reducción de ingresos mensual se situará xa en 1.800 €.
Á falla dun mes para contabilizar a producción total da Campaña 2007/2008, segundo os datos do propio Ministerio de Agricultura, as entregas totais do estado suman 5.413.113 toneladas, das que 2.049.775 corresponden aos gandeiros galegos.
Como xa vimos insistindo reiteradamente dende Xóvenes Agricultores, e pese a que as entregas de febreiro aumentaron nun 7 % respecto do mesmo mes do ano pasado, España non sobrepasará a súa cota total asignada (6.116.950 Tm.), e polo tanto non haberá supertaxa. Non ten sentido pois que se lles reteñan cartos aos productores por un concepto que non existe.
Esiximos o cese das retencións e a devolución inmediata dos importes xa retidos, e que na campaña anterior ascenderon a 5.600.000 euros, a maior parte dos productores galegos
Santiago, 2 de abril de 2008
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.