Xóvenes Agricultores valora como lixeiramente positiva a xuntanza celebrada hoxe entre o Ministerio, as industrias lácteas representadas pola FENIL e os productores representados polas organizacións profesionais agrarias e as cooperativas. O seu secretario xeral técnico, Juan P. Orozco, manifestou á saída da reunión que foi positivo acadar un acrodo en torno ao reforzamento da Interprofesional Làctea, pero lamentou que as industrias sigan mantendo unhas posturas moi alonxadas dos produtores en materia de prezos. “Foi –dixo- unha pequena porta á esperanza, pero agora fan falta concrecións e avantar non tan lentamente”.
Pérez Orozco tamén salientou como paso adiante que os empresarios recoñeceran como improcedente recortar retroactivamente o pago do leite xa entregado. Nese sentido, e a pesar de que os empresarios siguen alegando razóns de mercado para a baixada, o dirigente de Xóvenes Agricultores engadiu: “Non podemos aceptar a baixada porque non hai razóns de mercado para elo; pero menos ainda é de recibo que nolo fagan á brava e con carácter retroactivo.”
Polo demáis, valorou que o Ministerio se comprometa a financiar a Interprofesional Láctea e que se estableceran novos canles de diálogo a través de tres mesas de traballo: unha precisamente sobre o relanzamento da Interprofesional, outra sobre as relacións contractuais no sector, e unha terceira sobre a PAC e o “chequeo médico”.
Santiago/Madrid, 26 de marzo de 2008
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.