Na mesma xuntanza, a organización agraria reclamará un tratamento prioritario para as explotacións extensivas de carne no reparto de dereitos de pago único da Reserva Nacional, e nos Plans de Mellora, así como un plan específico para a incorporación de mozos á producción tradicional de carne en zonas desfavorecidas.
Outras reivindicacións que se lle plantexarán á Consellería do Medio Rural incluen incentivos para a recuperación de dereitos de axudas; un plan de cebo integrado en frisón; a creación dun Observatorio de Prezos da Carne; o establecemento de contratos de compra-venda homologados, vixiados por unha comisión de seguemento; e axudas forraxeiras para cebo de animais.
Tamén se requirirán axudas específicas para a adaptación das explotacións ás normas medioambientais, sanitarias, de benestar animal e ecocondicionalidade; plans de desenvolvemento para o fomento da calidade e a comercialización; apoio ás razas autóctonas e en especial á Rubia Galega e creación dun sistema de identificación e dun plan de comercialización para o cabalo galego.
Xóvenes Agricultores proporá tramén a utilización de razas autóctonas para o aproveitamento e limpieza dos montes coma sistema de prevención de incendios; a eliminación do certificado de sacrificio; a axilización e actualización anual das axudas por danos de lobo e xabarín; a activación e mellora das liñas de axudas agroambientais e de producción ecolóxica; a transferencia de información técnica ás explotacións dos Centros de Investigación, Universidade, etc.; e a inclusíón de Galicia dentro das zonas autorizadas de producción de porcino en extensivo.
Santiago, 7 de febreiro de 2007
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.