O voceiro de Xóvenes Agricultores, Juan Pérez Sánchez-Orozco lembrou que o presidente da Xunta rexeitou recentemernte o Plan do ministerio por consideralo prexudicial para Galicia e lamentou que non apoiara a opinión do conselleiro de Medio Rural, a quen no ministerio lle dan tanta representitvidade como ós conselleiros doutras comunidades que nin xuntandoas producen a metade de leite que Galicia.
Tras agradecer ó conselleiro ó apoio as reivindicacións dos productores e pedirlle feitos, o representante de ASAJA-Galicia reivindicou o traslado a Galicia da sede da Interprofesional Láctea Española. Na sua intervención Pérez Orozco acusou á ministra deser a culpable de que os gandeiros galegos teñan que alquilar esta campaña 15 millóns de litros e pagar por elo arredor dun millón de euros. “Todo porque a ministra obedece ós intereses políticos do seu partido de cara as eleccións asturianas, e habida conta da presencia de altos cargo do Principado no seu departamento”.
Despois de acusar de chantaxe ás industrias e ó propio MAPA , o representante da nosa organización enumerou outras esixencias da sua táboa reivindicativa tales como prezos iguais ca no resto do Estado, un mecanismo de prezos que alomenos garanta unha referencia anual, prohibición da venda de leite a perdas, e etiquetado diferencial do leite galego de cara ó consumidor.
Finalmente, Xóvenes Agricultores quere denunciar que ó remate da manifestación non foran recibidos polo Subdelegado do Goberno. “Xa se ve comentou Sánchez Orozco- ó que lle importa o Goberno socialista o sector agrario”.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.