Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Apicultura / SLG: Diz Guedes tenta maquillar a crise no sector da carne de vacún con datos parciais

           

SLG: Diz Guedes tenta maquillar a crise no sector da carne de vacún con datos parciais

19/02/2004

O Sindicato Labrego Galego quere responder ás declaracións triunfalistas do Conselleiro de Política Agroalimentaria, Juan Miguel Diz Guedes, que tentou botar unha capa de maquillaxe ao sector da carne de vacún afirmando que a crise das vacas tolas xa estaba superada, o cal é rotundamente falso.

O Sindicato Labrego Galego non discute os datos aportados polo Conselleiro, que afirma que a carne de Ternera Gallega págase un 5% ou un 6% máis que no ano 2000. Nembargantes, trátase dun dato parcial que pouco ten que ver coa realidade global do sector.

Diz Guedes, cando fala de prezos, refírese ao valor que pagan os consumidores nos centros comerciais pola carne certificada de Ternera Gallega, que ampara ao 32% da producción total de carne de vacún. Este dato reflicte que os consumidores buscan seguridade na certificación diante dos riscos que perciben trala crise das vacas tolas. Pero, ¿que ocorre cos prezos que se lles está a pagar aos productores e criadores de gando?

A dura realidade do sector é que a carne de vacún estáselle a pagar aos productores entre 3’6 e 4’2 euros o quilo (a 600 e 700 pesetas das de antes). Estas cotizacións son as que xa existían, en Galiza, a finais dos anos setenta, polo que, nestas circunstancias, a recuperación da que fala Diz Guedes semella ciencia ficción.

Por se fose pouco, a crise das vacas tolas deixou outras secuelas que aínda padecen as explotacións galegas. Por exemplo, as vacas de desvelle xa non se venden porque ninguén as compra; antes da crise, podían dar algúns cartos que contribuían de xeito marxinal á renda das explotacións; agora, ante a falta de compradores, os gandeiros teñen que pagar ao veterinario para que veña a sacrificalas e para que retiren os cadáveres. Outro exemplo témolo nos xatos de raza frisona que nacen nas explotacións leiteiras, que se están a vender a prezos ridículos que roldan os 90 euros (15.000 pesetas).

Dende o Sindicato Labrego Galego alegrámonos diante de calquera signo de recuperación que experimente o sector da carne de vacún, pero temos que criticar sen paliativos que o Conselleiro de Política Agraoalimentaria, Juan Miguel Diz Guedes, tente maquillar os problemas que padece a carne de vacún dende a crise das vacas tolas cuns datos parciais que non reflicten a realidade do sector; a Xunta non pode seguir agachando a cabeza diante da situación crítica pola que están a atravesar moitas explotacións de vacún de carne na Galiza.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La producción de miel en España repunta un 20% en 2024 tras dos campañas históricamente bajas 04/09/2025
  • El incendio de Valdecaballeros ha calcinado más de 800 colmenas y cientos de hectáreas de olivar, según UPA-UCE 28/07/2025
  • Bruselas multiplica por seis la cuota de importación de miel ucraniana haciendo peligrar al sector UE 14/07/2025
  • La apicultura profesional afronta una campaña de primavera nula y con pérdidas 20/06/2025
  • UPA-UCE logra un acuerdo para instalar colmenas en los márgenes del Guadiana 19/06/2025
  • Recuperadas 15 colmenas robadas en Aýna gracias a la actuación de la Guardia Civil 13/06/2025
  • Detenidas dos personas por robar colmenas 10/06/2025
  • COAG Andalucía reclama un plan urgente contra la expansión del avispón oriental 09/06/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo