O sindicato Unións Agrarios manifesta a súa decepción pola ocasión perdida por parte do presidente da Xunta de Galicia para forzar un cambio de modelo de actuación da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia cara os gandeiros de leite galegos.
Tal como ten denunciado en multitude de ocasións, UUAA ve unha actuación de parte do órgano regulador que prima sempre os intereses das industrias e a distribución diante dos dereitos dos produtores.
En todos os fallos e ditames da CNMC se protexen os intereses das grandes superficies, como se veu non hai moitos meses no arquivo da denuncia contra centros comerciais na que se lles acusaba de actuar de xeito monopolístico para alterar o prezo do leite en orixe.
Porén de sobra son coñecidos as presións da CNMC cara a base produtora láctea cando se intentan fixar prezos de referencia dignos para o leite, en nome dun libremercado que non é real xa que os gandeiros son cautivos das industrias polo modelo de explotación que logo da eliminación de todos os mecanismos de regulación da produción.
Esta lei da selva – que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, avaliou nunha resolución como non preocupante- permite que se saturen os circuitos comerciais para forzar as caídas nos prezos en orixe ou que se importen de xeito masivo leite líquida ou derivados a prezos moi por debaixo do que se pagan aos produtores dos países de orixe, nun claro exemplo de venta a perdas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.