O sindicato Unións Agrarias (UU. AA.) manifesta a súa fonda preocupación ante as contradicións e a falta de información que está chegando ao sector pataqueiro galego relativa aos casos de couza guatemalteca que están afectando a estas explotacións.
Ante esta situación, a organización agraria reclama inmediatamente información clara, veraz e profesional con relación á incidencia e á situación actual das explotacións afectadas. Ao longo das últimas semanas, desde os medios de comunicación trasladouse unha sensación de alarma que pode xerar problemas irreversibles no sector pola desconfianza dos consumidores.
Por outra banda, o sindicato pide á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia un plan de indemnizacións para os produtores afectados que inclúa unha partida presupostaria e un mecanismo de repartimento.
Finalmente, Unións Agrarias reclama a constitución dunha mesa de traballo sectorial na que estean presentes todos os actores que están a sufrir esta epidemia. Deste xeito, a Administración debería implicar a almacenistas, distribuidores, tendas de produtos fitosanitarios, organizacións agrarias, etc., xa que só así se poderá acometer dunha maneira ordenada un problema que comeza a ser moi preocupante para o sector agrícola galego.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.