• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O Sindicato Labrego anuncia a súa oposición frontal á mención “Viñedos de España” que pretende crear o Ministerio de Agricultura

Vino 22 Jun 2006 0

A proposta lanzada pola Ministra de Agricultura, a ourensá Elena Espinosa, de crear a mención “Viñedos de España”, pon en serio perigo as nosas denominacións de orixe, xa que por arte de maxia pretende crearse un paraugas para protexer os viños de mesa que amparará baixo a mesma etiqueta caldos de grande disparidade producidos dende as Canarias ata Cataluña. Este proxecto vulnera a propia esencia dun viño da terra que ampare unha orixe xeográfica e tipicidade localizadas.

Daquela, ¿a quen lle interesa “Viñedos de España”? Para o SLG, tras desta desatinada idea de favorecer a exportación de viños de zonas excedentarias e practicar unha destilación crónica, hai un claro afán de aumentar a presenza de marcas brancas nas grandes superficies comerciais baseándose na idea de crear “viños doados de entender” para os consumidores, xa que resulta difícil vender un viño de mesa branco ou tinto.

Ademais, o feito de permitir engadir a caste e anada de viños de tan distinta procedencia e calidade baixo unha mesma etiqueta botará por terra o traballo de tantos anos das denominacións de orixe galegas e do resto do Estado, que xa non terán razón de ser. De feito, baixo a denominación de “Viñedos de España” poderanse amparar viños coas nosas castes autóctonas Albariño, Mencía, Sousón, Treixadura, Espadeiro, Caiño, etcétera, cun mínimo control de empresas certificadoras, de maneira que calquera operador comercial poderá colocar estes viños no mercado a baixo prezo sen garantir a súa autenticidade nin a calidade no proceso de elaboración. Daquela, ¿que utilidade e función terán, nestas condicións, as actuais denominacións de orixe? ¿Que viños, castes, ou zonas xeográficas protexerán se legalizan esta posibilidade de fraude? Con estas regras do xogo, poderase elaborar Albariño en Albacete, Mencía en Badaxoz, ou Treixadura nas Baleares, e venderse como tales, pero disfrazando a súa auténtica orixe baixo a etiqueta “Viñedos de España”.

Diante de semellante despropósito, o Sindicato Labrego Galego anuncia que se oporá frontalmente a este proxecto, que xa contou coa oposición unánime da Mesa do Viño de Galiza; e denunciará onde faga falla a actitude tan pouco respectuosa da Ministra de Agricultura de cara ás nosas denominacións de orixe; actitude, por outra banda, que só beneficiará a grandes intereses empresariais e globalizadores en detrimento da grande diversidade cultural e xeográfica dos nosos caldos.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Cataluña destina 9 millones de euros a paliar la crisis del vino
Vino9 Jul 2026

Cataluña destina 9 millones de euros a paliar la crisis del vino

Andalucía reclama más fondos del vino «no puede ser que los criterios se mantengan inamovibles»
Vino9 Jul 2026

Andalucía reclama más fondos del vino «no puede ser que los criterios se mantengan inamovibles»

¿Demasiada uva para el Cava?
Vino8 Jul 2026

¿Demasiada uva para el Cava?

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar